Pleno extraordinario da corporación municipal con data 28 de xuño de 2021

O Concello de Culleredo celebrará mañá, martes 28 de xuño de 2021, unha sesión do pleno extraordinaria ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día: 

1.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa ao proceso de descomposición do actual Consorcio As Mariñas co obxecto de asegurar a prestación futura dos actuais servizos municipais consorciados.

2.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Alternativa dos Vecinños sobre paralización do proxecto de ampliación do aeroporto de Alvedro.

3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político Alternativa dos Veciños sobre aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística.

4.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre reforma da ordenanza fiscal número 17, que regula a taxa por outorgamento de licenzas de apertura de establecementos.

5.- Previa ratificacioón da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre inicio do procedemento para cambiar o nome da avenida Juan Carlos I.

6.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político popular sobre insuficiente conectividade en determinados núcleos de poboación.

7.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político popular sobre convocatoria de becas para deportistas locais con cargo aos orzamentos do 2021.

8.- Dación de conta liquidación orzamento 2020.

9.- Dación de conta escrito do grupo político do BNG sobre designación representantes no Grupo de Acción Urbana (GAU)

10.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellerías delegadas.

11.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 25.05.2021 relativo a proposta de aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria do proceso selectivo “conserxe-colexio (acceso libre)”.

12.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de 14.06.2021 relativo a corrección erro nas bases da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de turismo, aprobadas na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do día 19 de maio de 2021.

13.- Dación de conta de informes de reparo de Intervención.

13.- Mocións urxentes.

15.- Rogos e preguntas. 

 

Poderás seguilo en liña na canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo. 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina