O Mercado Templario de Burgo de Faro arrincará mañá, un evento que será visitable ata o vindeiro domingo e no que se darán cita ata 90 postos. O Concello de Culleredo retoma a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio, tras a suspensión do ano pasado polos efectos da pandemia.
Será, pois, do 1 ao 4 de xullo no paseo marítimo do Burgo, na contorna da ponte. O espazo recibirá a personaxes e contará con actividades da época medieval, en conmemoración da época histórica na que a localidade foi referente.
A apertura será mañá ás 18:00 horas, e ás 19:00 horas celebrarase un percorrido musical con Os Brinqueiros. A continuación, o espectáculo Pancho, el soldado perdido para dar paso novamente ás 21:00 horas a Os Brinqueiros. Zurco, el jorobado y su carro daranse cita ás 22:00 horas e pecharán a xornada novamente Os Brinqueiros.
O contexto sanitario marcará as medidas de seguridade e restricións a aplicar, que serán estritas. Seguirase o protocolo que marca a Consellería de Sanidade, e que xa se está aplicando en eventos da mesma índole como o Feirón.
Como é habitual, o Mercado Templario albergará multitude de opcións. Poderase gozar de música en directo e moita animación. As rúas de Culleredo tamén recibirán os pasacalles con personaxes do Medievo.
O concelleiro de Desenvolvemento Económico, Juan Carlos Lovelle, destaca que o Mercado Templario supón un “apoio” ao desenvolvemento económico do municipio polo seu “efecto dinamizador”. Avanza que nos días previos ao evento informarase coas medidas concretas que Sanidade manexe entón e contarase cun dispositivo de seguridade para favorecer que leve a cabo con normalidade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER