O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, visitaron esta mañá a recentemente renovada avenida de Ribados, situada no corazón do Burgo. A modernización da vía, efectuada polo Concello co financiamento provincial, supón unha mellora integral en canto a funcionalidade e estética.
Esta intervención, con cargo ao Plan Único da Deputación, ten como obxectivo principal dotar ao peón de maior protagonismo nun dos principais núcleos residenciais de Culleredo. A humanización desenvolveuse desde a intersección con Costa da Lonxa ata Visitación de la Encina.
A actuación incluíu a reforma das beirarrúas, para garantir a mellora da mobilidade, e das zonas de aparcamento, en formigón impreso. Variouse o eixo da estrada para poder ampliar as beirarrúas e que cumpran cos criterios de accesibilidade.
Dotouse, tamén, a este espazo de novas plantacións de árbores e mobiliario urbano, coma bancos e papeleiras, para prestar servizos adecuados aos veciños da zona. Así mesmo, incluíuse a canalización para o futuro soterramento da liña eléctrica, que actualmente discorre por vía aérea.
As obras incluíron tamén a colocación de novos elementos de iluminación, de tipo LED, con columnas de 8 metros de altura. Tamén se mellorou a rede de recollida de pluviais, con novos colectores e pozos de rexistro, a de abastecemento, con novas tubaxes, e a de saneamento. González Formoso destacou que a obra, cun investimento de 252.021 euros é un exemplo de cómo o Plan Único axuda a mellorar as infraestruturas e servizos municipais e a renovar espazos coma a avenida de Ribados, “facendoos máis accesibles, mais seguro e cómodos para os peóns”.
O presidente da Deputación sinalou que, desde a súa creación en 2017, o Plan Único leva investido 7,5 millóns de euros en Culleredo e permitiu a aprobación de máis de 50 obras de mellora das infraestruturas do municipio. Novos sistemas de alumeado enerxéticamente sostible, renovación de rúas, prazas e parques infantís e incluso obras coma a glorieta da zona do Pasaxe foron financiadas con cargo ao POS+, que neste 2021 conta cunha achega de 1,8 millóns de euros e permitirá, entre outras obras, construír unha rotonda na avenida de Vilaboa que regule o tráfico na N-550 cun investimento de máis de 568.000 euros.
O alcalde, Jose Ramón Rioboo, agradeceu a González Formoso “a implicación da Deputación nun proxecto que incrementa a calidade de vida da cidadanía”. O alcalde sinalou o resultado da actuación, que abarcou todos os ámbitos, como “exemplo da rexeneración urbana” que promoverá en todas as parroquias.
Rioboo avanzou así mesmo que, completadas estas obras neste tramo, o Concello tramita a súa continuación nunha segunda fase que incluirá a rúa Visitación de la Encina.
Adxudicado a dragaxe da Ría
Ademais, Rioboo acompañou ao presidente da Deputación para comentar a recente contratación do proxecto de dragaxe da Ría do Burgo, tras a adxudicación das obras realizada polo Goberno do Estado.
Será executado pola empresa UTE ACCIONA- MATÍAS ARROM BIBLIONI quen, cunha baixa do 33,66% acometerá o proxecto por algo máis de 32 millóns de euros. As obras levarán a cabo nun prazo estimado de 26 meses.
O primeiro edil comentoulle ao presidente provincial "a relevancia desta intervención para o colectivo das marisqueiras e marisqueiros" que desenvolven a actividade na zona, ao que "apoiamos desde os nosos comezos", incidiu.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER