O Concello adxudica importantes intervencións nas zonas rurais e urbana cun valor de 285.000 euros

O Concello de Culleredo adxudicou importantes intervencións en materia de seguridade viaria e renovación de infraestruturas tanto nas zonas rurais como na urbana cun valor de 284.337,30 euros.

Serán cofinanciadas coa Unión Europea a través dos fondos FEDER. Trátase da renovación do parque infantil da praza Europa, a reforma e ampliación do centro cívico e social de Sueiro e a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo.

Así, a renovación do parque infantil da praza Europa consistirá na creación dun novo espazo para os máis pequenos, co pavimento e os xogos renovados. Modificarase totalmente a estrutura actual, dividindo o espazo en dúas seccións, respondendo cada unha delas a diferentes idades das nenas e nenos que acceden ao mesmo, primando a súa seguridade. A cor predominará para ofrecer unha imaxe atractiva e moderna á praza. En canto aos xogos, serán novos e variados, para impulsar a súa utilización para todos os gustos e diferentes idades.

En canto ao centro cívico e social de Sueiro, verá triplicado o seu espazo para desenvolver actividades no seu interior. Os veciños da parroquia concretaron co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, as súas necesidades, que guiaron a confección do proxecto. A ampliación do espazo e a mellora das condicións serán os piares do proxecto. A dependencia conta hoxe en día cunha sala de actividades, a cafetería e dous baños sen adaptar. Tras a actuación do Concello, será máis grande, contará con máis prestacións e funcionalidades e terá aseos adaptados. As zonas de actividades verán triplicada a súa superficie. A dependencia contará cun novo soportal na entrada e unha zona exterior de grelladas.

Por último, as actuacións proxectadas para mellorar a seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo van encamiñadas a reforzar e mellorar a sinalización existente. Tamén se incluíron os traballos necesarios para a ampliación e/ou elevación das plataformas das beirarrúas enfrontadas aos pasos de peóns, para conseguir que estes dispoñan de maior visibilidade de presenza de vehículos, e á súa vez, que os peóns poidan ser vistos polos condutores con maior claridade e antelación cando estes dispóñanse a cruzar a calzada. As zonas nas que se actuará será a rúa Condes de Andrade, a rúa Domingo Sierra, a  rúa Vicente Risco, a avenida de Rutis, a rúa  Ribados e a rúa Moncho Reboiras.

Con este compendio de actuacións, continúase “humanizando e mellorando infraestruturas para incrementar a seguridade e o benestar das veciñas e veciños de Culleredo”, ao que o goberno local avanza que “se seguirá esta liña de actuacións que marcarán o estilo do noso municipio do futuro”, aseguran.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina