BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR E EQUIPO DO PROGRAMA DE EMPREGO “REDE VIRTUAL XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS”

     A selección do alumnado e do equipo técnico realizarase os días 23 e 26 de xullo.

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10 a 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, e nas Instruccións do 15/06/2021, ditadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, o establecemento do sistema, procedemento e baremos que se aplicarán na selección do persoal directivo, docente e administrativo participante no programa de emprego “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos”.

Este programa é un programa de emprego e formación para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello da Coruña e o Concello de Culleredo.

As especialidades a impartir son as seguintes:


- Produción fotográfica (IMST0109) (8 alumnos/as)
- Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (SSCB0110)
(8 alumnos/as)


As actuacións a realizar son as seguintes:


- Dixitalización 3D mediante fotogrametría de bens do Patrimonio cultural do Concello da Coruña
- Elaborar programas culturais e o contido da Rede Virtual do Patrimonio Cultural da Coruña.

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará a 16 alumnos/as traballadores/as. As persoas traballadoras serán contratadas, baixo a modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe e percibirán as retribucións que lles correspondan de conformidade co previsto na normativa vixente.

Atendendo ó establecido na cláusula segunda do convenio de colaboración subscrito entre o Concello da Coruña e o Concello de Culleredo para a realización deste programa, participará alumnado de ámbolos dous concellos e seleccionaranse 12 alumnos/as do Concello da Coruña e 4 alumnos/as do Concello de Culleredo.

Contratarase ao seguinte persoal para o programa de emprego:

 

  • 1 director/a (xornada completa)
  •  1 mestre/a da especialidade Produción fotográfica (xornada completa)
  • 1 mestre/a da especialidade Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (xornada completa)
  • 1 titor/a (xornada parcial, ao 50% da xornada completa)
  • 1 auxiliar administrativo/a (xornada parcial, ao 50% da xornada completa)
  • 16 alumnos/as traballadores/as

O presente proxecto terá como data prevista para o seu inicio o 12/08/2021. O alumnado traballador interesado en participar no proceso selectivo, deberán residir no concello da Coruña ou no concello de Culleredo, ter entre 18 e 30 anos, inscritos no Ficheiro Nacional do Sistema de Garantía Xuvenil, estar inscritos na oficina de emprego e ter solicitado a súa participación en programas de formación e emprego.

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_alumnado-traballador.pdf733.57 KB
bases_persoal_directivoadministrativo_e_docente.pdf962.64 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina