O Concello de Culleredo e a Deputación rubrican o acordo de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asinaron esta mañá no pazo provincial o convenio de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada, o único destas características da área metropolitana e ao que acode alumnado de todos os puntos da contorna.

Así, a institución provincial aportará 70.000 euros, o que supón o 48,53% dos gastos que presenta este servizo durante o 2021, e a Administración local achegará o restante 51,47%, uns 74.000 euros.
 
A Escada é un dos cinco centros existentes en Galicia destas características, de carácter público, formativo e pre-laboral para persoas adultas con discapacidade intelectual media no que se contempla o fomento de habilidade laborais, terapia ocupacional e de axuste persoal, orientándose ao emprego diario ou ao emprego en empresas protexidas como Centros Especiais de Emprego.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, contemplou este convenio como “un avance moi importante para continuar a nosa liña de traballo en benestar social”, e quixo agradecer “ao presidente da Deputación da Coruña” a súa colaboración para que este centro continúe a desenvolver un “servizo puramente municipal”.
 
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, subliñou a relevancia de contar “na provincia” cun centro “destas características”, “á vangarda en integración e a formación para persoas con discapacidade intelectual media, no que se busca incrementar a autoestima e habilidades das persoas usuarias”.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina