Rioboo reúnese co conselleiro de Economía para marcar a pauta de colaboración na rehabilitación das naves da Cros

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para marcar a pauta de colaboración e desenvolvemento no proxecto de rehabilitación das naves da antiga fábrica da Cros.

Rioboo destacou o “bo entendemento” entre as partes nun encontro no que tamén se deron cita representantes da Fundación do CETIM, xa que está previsto que un dos edificios estean destinados a finalidades formativas e coa economía circular como tema central.

A finalidade máxima desta reunión foi establecer sinerxias entre a Adminstración local e a entidade autonómica para enmarcar cal será o desenvolvemento de futuras intervencións. O plan do goberno local pasa por posicionar a Cros como un centro con actividade cultural, para uso público e tamén como oficinas municipais.

Como se comentou con anterioridade, outra parte fundamental será a científica, e en conversacións previas coa fundación mostrouse gran interese en que unha das naves estea copada polo Centro Tecnolóxico Multisectorial, que presta apoio ao tecido empresarial galego nas áreas estratéxicas de biotecnoloxía ou dixitalización.

O alcalde agradece a “boa disposición” do conselleiro e asegura que “os contidos desta reunión permitirán seguir avanzando nunha idea cada vez máis afianzada, que non é outra que converter as naves da antiga Cros nun centro de vangarda en toda Galicia”, sinalou.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina