O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o vindeiro 24 de setembro a estrea das variacións sobre 'Rosa de Abril'

O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o próximo 24 de setembro a estrea das variacións sobre “Rosa de Abril”, de Juan Durán, un concerto que forma parte da Programación Xacobeo 21-22. 
 
Dentro do programa, cuxo denominador común son os nacionalismos que tan en  boga estaban na Europa de finais do século  XIX e principios do  XX, poderanse escoitar obras características de  Dvorák, Bartók e Turina. 
 
Serán executadas pola orquestra Vigo 430 dirixida por Isabel Rubio, coa presenza do pianista Antonio Queija, nacido na Habana.
 
Para as persoas interesadas, xa que o aforo é limitado, abrirase o teléfono 981 667 798 en horario de 9:00 a 2:00 e de 16:00 a 20:00 horas para reservar asento. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina