O 14 de setembro ditouse resolución pola cal se aproban os cursos de formación para o emprego dirixidos ás persoas traballadoras desempregadas que se impartirán no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo.
Tense previsto que o próximo mes de outubro den comenzo os cursos de formación para as persoas traballadoras desempregadas que se impartirán no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo. Os dous certificados de profesionalidade que se van a impartir corresponden á seguinte especialidade:
-Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (478 horas)- NIVEL 2
Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito/a como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia e cumprir cos requisitos académicos correspondentes aos certificados de profesionalidade de nivel 2 (Posuir a ESO ou titulacións equivalentes, ou competencias clave de nivel 2).
PREINSCRICIÓN: Desde as 9:30 horas do día 24 de setembro de 2021 ata as 23:59 horas do día 28 de setembro de 2021, a través dun formulario web.
Máis información: Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo sito na rúa Antonio Machado- O Burgo, tel. 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER