O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, citáronse esta mañá nunha reunión para profundar en temas de gran calado para Culleredo.
Ambos os mandatarios víronse esta mañá en San Caetano e o tema central da entrevista foi o futuro máis inmediato da fábrica da Cros, para o que se expón, entre outros proxectos, converter unha das naves nun centro de economía circular.
A iniciativa tivo unha gran acollida por parte do presidente da Xunta, que valorou este plan como “de gran interese e profundamente beneficioso para toda a área metropolitana da Coruña”, recalcou.
Por outra banda, Feijoo avanzou que mañá se aprobará no Consello da Xunta o decreto de utilidade pública das expropiacións para o proxecto da senda peonil e ciclista na AC-214, ademais das melloras expostas polo goberno local en materia de seguridade viaria na AC-523 e na AC-400, ao seu paso por Sésamo e Celas, dotándoas así de cadansúas sendas peonís e mellorar así as condicións lumínicas e rematar coa sinistralidade. A sinatura do convenio entre a Xunta e o Concello de Culleredo levarase a cabo nas vindeiras semanas.
Nas conversacións tamén houbo espazo para tratar o convenio entre o ente autonómico e o Concello de Culleredo, mediante o cal se fará realidade a limpeza do leito fluvial do Río Trabe ao seu paso por Vilaboa, así como as necesidades de mellora na rede de abastecemento, para a cal “conta co total compromiso da Xunta de Galicia”, remarcou Feijoo.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, valorou a reunión como “moi importante o noso municipio”, na que a “cordialidade e bo entendemento” foron os leitos polos que se optaron para tratar situacións e problemáticas que ocupan o benestar "de milleiros de veciñas e veciños", salientou.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER