A XXVI edición do Festival Internacional Galicreques chega a Culleredo no mes de outubro. Os tres primeiros venres do mes contarán con espectáculos gratuítos, dirixidos a todos os públicos, desde as 19:30 horas nos Servizos Múltiples.
O primeiro acto será o 'Xurásico Perdido', unha obra onde os dinosaurios cobran vida da man dos galegos Monicreques Larei Lará e Títeres Cachirulo. O venres 8 será o turno de Manu Mansilla, de Arxentina, coas tres historias de 'Títeres a cielo abierto'. Finalmente, o venres 15 Plansjet traeranos desde Bélxica 'La danza de las marionetas', unindo música e monicreques.
A entrada é de balde, pero para acudir é necesario realizar a reserva dos asentos na mesma semana da actuación no teléfono 981 66 55 97.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER