O Concello de Culleredo, a través da concelleira de Educación Jéssica Méndez, trasladará as demandas da comunidade escolar á inspección da Consellería de Educación tras reunirse esta mañá coas directoras e directores do IES Rego de Trabe, CEIP Vila de Rutis, CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo e do CRA de Culleredo.
A edila tratará os principais problemas que se detectaron desde o inicio do curso -principalmente no concernente á escasa dotación de persoal sempre que poder atender ao alumnado en materia de educación especial- este martes nunha xuntanza coa inspectora.
Os directoras e directores coinciden en que “os números, burocraticamente falando, non coinciden co día a día que estamos a experimentar neste caótico inicio de curso”, anuncian, á vez que insisten en “ter unha reunión cos responsables autonómicos para poder chegar a un acordo en beneficio das nenas e nenos de Culleredo”, sentencian, liña que comparte o Concello de Culleredo. Urxirase, polo tanto, a que se produza este encontro para acadar un consenso e adoptar solucións.
Neste sentido, desde o Concello tamén se solicitará resposta á non comunicación do cambio no catálogo de profesorado e antes de iniciarse o curso, xa que neste sentido desde o goberno local, advirten, “poderiamos coñecer a situación de antemán e dar traslado tanto á comunidade educativa como á Consellería”, insisten. “Nós seguiremos loitando e elevando as proposicións relacionadas coa educación en Culleredo ata onde sexa necesario”, incide Méndez.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER