A comunidade educativa manifestouse novamente esta mañá contra os recortes de Educación en materia de atención especial. Ás 9:10 horas tivo lugar unha concentración ás portas do CEIP Ría do Burgo, onde simbolicamente se prenderon globos de cores.
Jéssica Méndez, concelleira de Educación; Penélope López, concelleira de Cultura e Miguel Suárez, edil de Deportes, acudiron para mostrar o apoio do Concello de Culleredo ás demandas de pais, nais e persoas que integran as ANPA’ s ante un problema que é considerado “de gran índole” e que supón “cercenar dereitos fundamentais das nenas e nenos de Culleredo”, aluden.
Máis de 80 persoas déronse cita ás portas deste centro educativo, onde volven instar ao xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, á inspectora da zona, Isabel García Vila e ao responsable da oficina de Inspección, Rubén Ponte, a escoitar as súas demandas “de maneira xeral” e tamén “individualizada” #ante as carencias detectadas desde o inicio do curso en materia de ensino especial.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER