O Concello de Culleredo informa do aprazamento do inicio do programa de actividades culturais e deportivas. O comezo, que estaba previsto inicialmente para o 4 luns 4 de outubro, producirase máis adiante, a medidos do mes de outubro, nun día que se anunciará con anterioridade.
O cambio é debido a varios motivos, como facilitar a contratación do persoal monitor, completar o proceso administrativo de contratación da empresa que desenvolverá as actividades, ou a aplicación das novas medidas covid, que se presentan menos restritivas. Asemade, o inicio inminente dos proxectos de renovación que o Concello emprende nos centros sociais de Sueiro, Celas e Sésamo obriga a levar a cabo reaxustes nalgunhas das actividades programadas, garantindo que todas as persoas inscritas gocen dun espazo para o desenvolvemento do programa.
O Concello de Culleredo lamenta as molestias producidas por esta modificación do calendario. Previsiblemente, as actividades comezarán tras a ponte do Pilar, pero a información da data definitiva darase canto antes polas canles de comunicación municipais.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER