O Concello de Culleredo informa de que, debido ás obras de mellora da rede de abastecemento xeral de auga á comarca e á cidade que executa Emalcsa, permanece cortada a rúa Vicente Risco nun carril de circulación.
Deste xeito, a estrada está soamente habilitada para o tráfico de baixada cara Acea de Ama desde o cruce coa entrada ao CEIP Sofía Casanova. Como alternativa en dirección subida funciona a avenida de Rutis.
O corte prolongarase mentres dure a actuación. Laméntase as molestias ocasionadas á veciñanza da contorna.