O Concello de Culleredo executará melloras da seguridade viaria nas zonas escolares do municipio. Trátase duns traballos cofinanciados polo Concello e a Unión Europea a través dos fondos FEDER, dentro do plan Culleredo Vivo e que terán un valor de 99.035,86 euros.
Estes traballos comezaron esta mesma semana na rúa Moncho Reboiras, no Burgo. Alí a actuación consiste na ampliación e elevación das plataformas das beirarrúas enfrontadas aos pasos de peóns, para conseguir que estes dispoñan de maior visibilidade de presenza de vehículos, e á súa vez, que os peóns poidan ser vistos polos condutores con maior claridade e antelación cando estes dispóñanse a cruzar a calzada.
O alcalde, José Ramón Rioboo, sinala que son “intervencións que dotarán aos espazos educativos dunha contorna segura para as familias á hora de acudir a pé os centros”, asegura.
O proxecto levarase a cabo en Vilaboa, O Burgo e Cordeda. Desenvolverase nas seguintes vías: Condes de Andrade, Domingo Sierra, rúa Calzada, Vicente Risco, avenida de Rutis, avenida de Ribados, ademais de en Moncho Reboiras. Os traballos incluirán, entra outras cuestións, a ampliación de beirarrúas, sinalización, reordenación e elevación de pasos peonís e instalación de medidas redutoras de velocidade.
Das actuacións, destaca, polo número de usuarios que ten, as que se levarán a cabo en Domingo Sierra e rúa Calzada para melloras a entrada no CEIP Sofía Casanova. Na primeira elevaranse os 3 pasos de peóns e no caso da rúa Calzada, será peonalizada.
Outro punto importante será o da mellora dos accesos ao parque deportivo da Laboral e ao IES Rego de Trabe na avenida de Rutis. Alí, na entrada ao recinto, instalarase un paso de peóns intelixente, con luz LED integrada que se activará cando un peón queira cruzar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER