O Conservatorio Municipal continúa ao compás da igualdade e organizará en novembro catro sesións versadas no ámbito

O ANPA do Conservatorio de Culleredo, en colaboración co centro, o Concello e a Secretaría  Xeral pola  Igualdade, continúa a súa firme aposta por unha educación en igualdade e organizará en novembro catro sesións versadas no devandito ámbito.

Hai dous anos comezouse un proxecto denominado “Música para a Igualdade”, que albergaba un “Espazo Violeta” dentro da biblioteca con partituras de obras escritas por mulleres de todas as etapas da historia da música, cun repositorio de obras e compositoras no seu espazo web e o manual ComposiTODAS, que fai un percorrido pola historia das mulleres compositoras esquecidas.

Durante este curso 2021-2022 arrincan un novo proxecto, a “ Escola de Igualdade”, dirixida a mellorar a formación e información no ámbito. Dará comezo en novembro con catro seminarios de corenta e cinco minutos, un por semana. Serán tanto presenciais como retransmitidas pola súa canle de Youtube, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas. Para reservar praza, pode enviarse un correo electrónico a anpaoburgo@gmail.com.

O programa é o seguinte:

  • Sesión 1: Da igualdade legal á igualdade real. Principios da igualdade. Principais conceptos e marco legal actual. Mércores 3 de novembro de 19:15 a 20:00 horas.
  • Sesión 2: Historia das mulleres: as mulleres na historia. Das  sufragistas á cuarta onda. O roteiro das mulleres. Difundindo referentes. Xoves 11 de novembro de 18:45 a 19:30 horas.
  • Sesión 3: Música e (deas)igualdade. Os nomes esquecidos da historia da música. Compositoras de historia de música. Martes 16 de novembro de 19:00 a 20:00 horas.
  • Sesión 4: Prevención da violencia de xénero. Recursos legais e sociais fronte á violencia de xénero. Martes 23 de novembro de 19:00 a 20:00 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina