O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 28 de outubro, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que se poderá seguir na canle oficial de YouTube da Administración local. A sesión terá a seguinte orde do día:
- Proposta sobre nomeamento de xuíz de paz substituto do Concello de Culleredo
- Proposta sobre solicitude de subvención nominativa á excma. Deputación da Coruña para a “mellora da seguridade viaria e renovación de pavimentos na rúa Andrés Pan Vieiro”
- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre solicitude de modificación puntual do PXOU do 87 e que se dote no orzamento unha partida suficiente para acometer a obra de creación da circunvalación á Laxe.
- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas
- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 27 de setembro de 2021 sobre aprobación provisional de dotacións para centro docente en A Ribeira –Sésamo, e a súa remisión ao órgano competente en materia de urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda)
- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 4 de outubro de 2021 relativo a aprobación da modificación das bases da convocatoria do proceso selectivo “Traballador/a social (acceso libre)”, aprobadas na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do día 26 de xullo de 2021
- Dación de conta de resolución ordeando a incorporación ao rexistro municipal de subvencións correspondentes ao terceiro trimestre do 2021
- Dación de conta de informes de reparo de Intervención
- Dación de conta de cesión de terreos para viarios públicos
- Mocións urxentes
- Rogos e preguntas
Ligazón: https://bit.ly/3vIUM0d