O Concello de Culleredo sumouse hoxe ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral. O alcalde, José Ramón Rioboo, asistiu ao acto en María Pita e non quixo deixar pasar a oportunidade de “poñer en valor a loita diaria tanto das persoas que sofren esta doenza como de todos os familiares”, subliñou, á vez que destacou a “sorte” que ten Culleredo ao poder contar cun centro de ADACECO na Corveira, “onde se realizar un traballo excepcional”.
Ao acto asistiron tamén Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO; María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña; Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia; Marta Martínez, concelleira de Asuntos Sociais en Oleiros; Inés Ramos, concelleira de Asuntos Sociais en Arteixo e Yoya Neira, concelleira de Benestar Social na Coruña.
A Torre de Celas iluminarase esta tarde de azul, xunto con outros monumentos da área metropolitana, para visibilizar unha loita nesta xornada que reivindica “o acceso a unha rehabilitación especializada a todas as persoas que sofren dano cerebral, independentemente da súa localidade de residencia, idade ou capacidade económica", promoven desde ADACECO.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER