O Concello de Culleredo acollerá unha nova edición dos seus cursos de micoloxía. A formación incluirá clases teóricas no Pazo de Vila Melania os días 10, 11 e 12 de 20:00 a 21:30 horas e unha saída en bus na procura de cogomelos a Torrelavandeira, o sábado 13 de 09:30 a 14:00 horas.
Haberá un total de 40 prazas dispoñibles, e as persoas interesadas poderán anotarse a través de páxina web municipal hoxe, venres 29 de outubro e o mércores 3 de novembro, na seguinte ligazón:
https://forms.gle/AZHhneFf2R6ompsw5
Máis información no Centro Municipal Pablo Picasso de luns a venres entre as 09:00 e as 15:00 horas ou nos teléfonos 981 664 204 e 620 008 450.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER