Hoxe, mércores 3 de novembro, comezaron as obras para a ampliación da vía DP-0510, estrada principal da parroquia de Orro. Os traballos contarán cun orzamento de 1.067.267.71 euros, financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Investimento en Vías Provinciais, e permitirán realizar o ensanche, mellorar a estrada e crear unha senda peonil.
Esta actuación posibilitará mellorar a seguridade viaria ao longo dos tres quilómetros que abarca o citado tramo, mellorando os accesos aos núcleos de Figueiras e As Caíñas, así como creando espazos máis seguros para as persoas que circulan diariamente por este itinerario.
Actualmente a calzada conta cun ancho medio de 5 metros, que se ampliará para albergar dous carrís de circulación de 3 metros, beirarrúas de medio metro cada unha e unha cuneta de 0,75 metros na marxe esquerda. Ademais, para garantir a seguridade viaria, construirase unha senda de 2 metros de ancho na marxe dereita.
Dentro das tarefas a realizar inclúese o tratamento de accesos e interseccións, adecuación da velocidade ás características da vía e a ordenación dos accesos. Ademais, tamén se construirá unha glorieta no punto quilométrico 2+000 para favorecer os cambios de sentido e eliminar os puntos máis perigosos para o tráfico rodado e peonil.
O Concello de Culleredo asumirá os custos das obras de saneamento na estrada, que consistirán na instalación de colectores baixo a cuneta, xunto coa instalación de rexistros, un investimento doutros 150.000 euros. Cando os traballos estean finalizados será posible derivar o servizo a ramais interiores.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER