O goberno local solicitará mañá, luns 8 de novembro, a colaboración da subdelegación do Goberno para poñer en marcha un “urxente plan de seguridade cidadá” que contribúa a reverter os actos vandálicos como os acontecidos esta fin de semana en Fonteculler e o Paseo Marítimo.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá de urxencia coa concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Figueroa, a fin de analizar os feitos e poñelos en coñecemento da Subdelegación para que durante esta semana se concerte unha xuntanza e dar solución aos problemas de convivencia que se xeran entre os clientes dun local de hostalaría con licenza de lecer nocturno e os veciños da urbanización A Ría.
“O idóneo é manter unha reunión esta mesma semana para incrementar a vixilancia policial en Fonteculler e a Urbanización A Ría”, subliña a concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Figueroa, e a idea é “deseñar un plan de choque para facer fronte a esta situación, que deteriora a concordia de veciñas e veciños”, ademais do correspondente “ataque patrimonial”.
E é que á queima dun contedor en Fonteculler na noite do venres ao sábado, a Policía Local tamén advertiu esta mesma mañá a rotura de papeleiras no Paseo Marítimo, para lanzalas logo á Ría.
“Non podemos seguir permitindo estes ataques continuados cara a un patrimonio que é de todas e todos”, advirten desde o goberno local, e agárdase “unha solución inmediata e a colaboración de todas as administracións”, ademais de rogar encarecidamente aos causantes das desfeitas "que reflexionen sobre o sucedido”.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER