O Concello de Culleredo licita a renovación da rúa Laxe

O Concello de Culleredo prepara a renovación da rúa Laxe, concretamente dos viais VP-23 e VP-29, cuxo proxecto está en fase de licitación e por un valor de 241.451,56 euros. As principais liñas de traballo deste proxecto céntranse nos aspectos de modernización de pavimentos, execución de labores de conservación e mantemento, mellora da drenaxe, reposición dos servizos afectados polas obras e renovación da sinalización.

Intervirase na totalidade de lonxitude da vía, que ten 1730 metros de longo e 6,5 metros de ancho. Previamente, están contemplados traballos de limpeza de bordos e varrido do firme existente nesta vía, así como o fresado do pavimento actual nas ligazóns con outras rúas adxacentes.

O concelleiro de Obras, Carlos Liñares, sinala a “notable intervención que se levará a cabo nestes dous viais”, e que o goberno local “decidiu executar en base ás peticións das veciñas e veciños da zona, escoitando as súas demandas”.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina