O Consello Escolar consegue o compromiso da Xunta para revisar a planificación académica e o catálogo de profesorado

O Consello Escolar de Culleredo reuniuse onte en sesión extraordinaria para abordar, novamente, unha das principais inquietudes xurdida na comunidade escolar desde o inicio do curso académico: O recorte de profesorado, de persoal coidador ou os cambios en horarios determinados pola Consellería de Educación.

O Concello de Culleredo apoia as demandas manifestadas no máximo organismo de representación académica, buscando sempre as liñas de actuación que fortalezan o regreso ás aulas e outorguen tranquilidade ás nais e pais. As carencias afectan tanto a colexios de educación infantil e primaria como a institutos de educación secundaria.

Durante a sesión celebrada onte, os representantes do Consello Escolar conseguiron o compromiso da Xunta para “revisar a planificación escolar e o catálogo do profesorado”, algo que xa advertiran os pais e nais con anterioridade: “hai que ir máis aló dos números, e facer fronte ás necesidades reais de nenas e nenos”, sinalaron onte.

A inspectora de educación, Isabel García Vila, recoñeceu que a planificación de Culleredo “está obsoleta”, e que cabería revisala antes do 1 de marzo, que é cando entra en vigor a nova Planificación  Xeral que  atinge a Culleredo.

Algúns profesores e representantes de pais e nais tamén subliñaron que os departamentos de orientación de varios centros de Culleredo “están  sobresaturados”, liña na que non coincide García Vila.

Tamén se trataron os temas relacionados con prográmalos ARCO e PROA, os que segundo a comunidade educativa “son positivos pero  cortoplacistas”, e que evidentemente “non cobren as necesidades reais dos pequenos e pequenas”, advirten.

A concelleira de Educación,  Jéssica Méndez, coincidiu coa valoración tanto de pais e nais como do profesorado, recibindo de “moi bo grao” o compromiso da Xunta de Galicia para revisar tanto a planificación como o catálogo”, e fixo especial fincapé ás demandas sempre que “se teña en conta o contexto actual e non cocientes nin informes técnicos, que non amparan a totalidade de casos dos nosos centros”.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina