O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de ampliación e mellora tanto da drenaxe como das pavimentacións nas rúas nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar. O proxecto conta cun orzamento de 193.138,66 euros.
Coa realización do mesmo preténdese renovar o firme na rúa Nabeiras, na VP- 325 e VP-321, así como na rúa Outeiro de Abaixo, na VP-321, a mellora das pluviais en diversos tramos do ámbito de actuación e a repavimentación en rocha natural na contorna da igrexa de San Martiño de Sésamo, na rúa Silvar.
Está prevista tamén a execución da rodadura nos entroncamentos con camiños existentes, así como a execución dun sobreancho na marxe esquerda tanto da rúa Nabeiras como Outeiro de Abaixo. Proxéctase, á súa vez, unha superficie para o aparcamento dos servizos da igrexa e o cemiterio.
Para a ampliación da rede de pluviais xa existente executarase unha condución de PVC de 400 milímetros de diámetro. Conectarase á rede nun pozo xa existente e previuse tamén instalar 5 novos pozos de rexistro para completar esta actuación, así como un novo colector de pluviais e cunetas de seguridade.
Á súa vez, e para emendar as deficiencias adquiridas, executarase unha baixante de pluviais na entrada peonil á igrexa, e instalaranse novos canalóns e reixas para resolver os problemas actuais de acumulación de auga os días de choiva. Renovaranse os sumidoiros tamén con pedra natural e conectaranse as baixantes de tellados de edificios á rede existente ou a puntos de desaugadoiro de xeito puntual.
Nun último termo, repintaranse os viais afectados por estas obras, renovaranse os sinais verticais e instalarase elementos disuasorios para rebaixar a velocidade nalgún destes puntos, aínda por determinar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER