O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas por un total de 60.440, 89 euros. O obxectivo primeiro das obras é mellorar a plataforma existente para o tráfico rodado, optimizando así as conexións e mellorando a seguridade viaria.
Para iso, incorporarase unha nova capa de rodadura de 3 centímetros de espesor para dotala dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de viais, que forman parte da Rede de Camiños Públicos.
Á súa vez, executarase unha nova sinalización horizontal consistente en novas marcas viarias de 15 centímetros de ancho en ambas as marxes das vías.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER