O Concello de Culleredo comezou esta semana novos traballos de mellora de camiños anexos a parcelas agrícolas na parroquia de Celas, no lugar de Rumbo. Concretamente nas vías VP-359 e VP-400. Contan cun orzamento total de 34.736, 46 euros.
As intervencións consistirán na renovación do firme de dous camiños do núcleo que se atopan en situación de deterioro polo paso do tempo. O Concello disporá de firme asfáltico nos puntos máis danados e estenderá unha nova capa de aglomerado ao longo dos 531 metros da zona de actuación.
Os camiños incluídos serven como conexión entre a AC-400 e a DP-3102. Este plan súmase ás obras xa executadas en varios viais de Boedo e Rumbo, e cuxo obxectivo é incrementar a seguridade viaria e as prestacións de viais que utilizan a diario os residentes na zona.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER