Pleno do Concello de Culleredo con data 25 de novembro de 2021

O Concello de Culleredo celebrará un Pleno da Corporación o vindeiro xoves, 25 de novembro ás 13:30 horas. Será unha sesión de carácter ordinario coa correspondente orde do día: 

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión de data 30.09.2021.

2. Proposta sobre adhesión do Concello de Culleredo ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP e o SEAGA para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias. 

3. Proposta sobre resolución de alegacións e aprobación definitiva da concesión dun crédito extraordinario e dun suplemento de crédito por medio da cal se modifica o orzamento para o exercicio 2021. 

4. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, declaración institucional 25 de novembro de 2021.

5. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre incoación de expediente de presentación nos xulgados de solicitude de execución provisional da sentenza de recuperación dos bens do Centro Loxístico de Transportes. 

6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG sobre solicitude do inicio dos traballos para a elaboración dunha nova planificación escolar de Culleredo. 

7. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas. 

8. Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 8 de novembro de 2021 sobre aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria para a selección de mestres/as para impartir a especialidade formativa SSCS0208 atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais os módiulos formativos: MF1016-2 apoio na organización de intervencións no ámbito institucional MF1019-2 apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións e MP0029 módilo de prácticas profesionais non laborais (80 horas). 

9. Dación de conta de informes de reparo de intervención. 

10. Dación de conta de cesión de terreos para viarios públicos. 

11. Mocións urxentes. 

12. Rogos e preguntas. 

 

Poderase ver a través da conta oficial de YouTube do Concello de Culleredo: https://www.youtube.com/channel/UCr6poe7okhvWI-cK-OAC2uA

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina