O Concello de Culleredo, ante as informacións vertidas en varios medios de comunicación no referente á iniciativa do centro comercial Coruña Style Outlets, situado en Alvedro, quere aclarar que:
• Esta acción, sobre a plantación de abetos na contorna do Camiño inglés, que previamente serían repartidos entre os seus clientes, NON conta co permiso pertinente.
• A área de Medio Ambiente non recibiu ningunha documentación desta empresa para realizar esta iniciativa, que en ningún caso pódese levar a cabo sen seguir a tramitación oportuna. Débese garantir que se respectan as posibles afeccións a nivel patrimonial e ambiental, ademais da as propiedades lindeiras.
• Os técnicos ambientais do Concello, de acordo ademais coa Reserva da Biosfera, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que forma parte a Administración cullerdense, alertan de que o abeto non é a especie indicada para unha plantación desta clase no Camiño Inglés. En todo caso, poderíase valorar se fose unha especie autóctona, pero sempre seguindo o procedemento administrativo correspondente.
• O Concello de Culleredo debe velar pola preservación ambiental no territorio e por iso subliña que calquera acción de márketing que expoña unha empresa debe contar coas garantías de conservación e protección en posesión das autorizacións necesarias.
• Por todo iso é necesario o trámite obrigatorio oportuno antes de lanzar unha iniciativa en público, que pode xerar inquietude, como trasladaron hoxe ao Concello entidades e veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER