DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados en Culleredo, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2022".
PRAZO INSCRICIÓN: Dende o día 1 de decembro ata o 14 de decembro de 2021.
Rexistro xeral do Concello (Tarrío ), con cita previa
Rexistro auxiliar Concello ( Edificio de Servicios múltiples), con cita previa
Sede electrónica (con certificado dixital): Catálogo de servizos e solicitudes => Instancia xenérica
A inscrición debe estar asinada polo pai e a nai, ou se é o caso, polo titor/a.
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
O Concello de Culleredo ten adxudicadas 12 PRAZAS. En caso de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, realizarase un sorteo público para adxudicar aquelas.
O sorteo de prazas será o vindeiro 23 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples ás 10:30 horas, ante a presenza da secretaria do Concello de Culleredo.
Consulta a listaxe de persoas agraciadas na seguinte nova.
OUTRA INFORMACIÓN :
Edificio de servicios múltiples O Burgo- 981 665597
deportes@culleredo.es www.culleredo.es
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Descarga a Solicitude Xeral | 168.13 KB | |
Descarga o Triptico informativo | 1.43 MB | |
Descarga a Resolución | 605.75 KB | |
Descarga o Documento de empadroamento | 71.21 KB | |
sorteo_secretaria_neve_2021.pdf | 667.55 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER