1.- Obxecto
O servizo de dinamización local pretende regular coas presentes bases a participación de figurantes infantís na Cabalgata de Reis do Concello de Culleredo, que se celebrará o 5 de xaneiro de 2022.
2.- Participantes
Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data do 1 de xaneiro de 2022, teñan unha idade comprendida entre os 8 e os 10 anos. O total de prazas ofertadas é de 40. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello de Culleredo.
3.- Inscrición
O período de inscrición de solicitudes será desde o venres 3 de decembro ata o martes 14 de decembro.
As solicitudes formalizaranse a través da sede electrónica do Concello de Culleredo (https://sedeelectronica.culleredo.es) achegando o impreso de participación que se pode descargar na web municipal. Para calquera información as persoas interesadas pódense poner en contacto co servizo de dinamización local no número de teléfono 981.664204.
4.- Adxudicación de prazas
No caso de que as solicitudes excedesen a oferta dispoñible, procederase a un sorteo das prazas que terá lugar o xoves 22 de decembro, ás 10.00 h, no Centro municipal Pablo Picasso. A cada unha das solicitudes debidamente cubertas asignaráselle correlativamente un número, que será o que corresponda o día do sorteo de adxudicación de prazas. O resultado definitivo será colgado no taboleiro de anuncios do Centro Municipal Pablo Picasso o 23 de decembro.
Unha vez finalizado o sorteo, comunicaráselles ás persoas interesadas (mediante un correo electrónico ou por teléfono) a súa participación na cabalgata, así como a información necesaria para recoller o vestiario dos figurantes.
Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir baixas ou novas necesidades. Se algún dos figurantes admitidos non puidera participar na Cabalgata, deberao comunicar no Centro municipal Pablo Picasso (981.664 204) o antes posible para que poda ser sustituído pola persoa que, por rigorosa orde conste na lista de agarda.
5.- Organización
Será requisito obrigatorio o uso da mascarilla durante todo o percorrido. Asignarase a cada participante unha carroza por orde de lista. O día da recollida do vestiario dos figurantes, indicaráselle as normas da organización do evento do día 5 de xaneiro aos pais/naiso ou titores/as.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
formulario_inscripcion_cabalgata.pdf | 114.31 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER