O Concello de Culleredo executa a renovación integral do parque infantil a praza de Europa, no centro do Burgo. Trátase dun dos espazos de maior concorrencia de familias ao atoparse nunha zona de carácter residencial.
A actuación supón un investimento de 112.409 euros, financiados dentro do Plan Único da Deputación da Coruña.
O proxecto consiste na creación de novo espazo para os máis pequenos, co pavimento e os xogos renovados. Modificarase totalmente a estrutura actual, dividindo o espazo en dúas seccións, respondendo cada unha delas a diferentes idades das nenos e nenas que accedan ao mesmo, e primando a súa seguridade.
O chan será de caucho reciclado de tipo continuo, para favorecer a accesibilidade. A cor predominará para ofrecer unha imaxe atractiva e moderna da praza. En canto aos xogos serán novos e variados, para impulsar a súa utilización para todos os gustos e diferentes idades.
As obras avanzan a bo ritmo. Xa na praza pódense ver algúns dos novos xogos que poderán utilizar os pequenos.
A modernización do parque infantil non é a única actuación prevista para a praza de Europa. O Concello xa ten adxudicados os traballos de acondicionamento das pistas polideportivas. Levará a cabo a substitución do valado perimetral, reforzarase o pavimento cun novo material de resina- máis duradeiro e seguro, para evitar caídas- pintarase novamente o firme, instalarase un ‘tótem’ informativo co escudo municipal e procederase á substitución do material deportivo -canastras, porterías e respectivas redes- por unhas novas.
O investimento será de 69.427,36 euros, tamén cofinanciados pola Deputación no Plan Único.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, avanza que se traballa nun proxecto de renovación integral da praza. “Queremos levar a cabo unha intervención ambiciosa, que é unha demanda dos veciños e veciñas da zona”, sinala.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER