O Concello de Culleredo deu a coñecer hoxe a súa programación de Nadal, que inclúe actividades de dinamización comercial, culturais e deportivas. As personaxes máis coñecidas desta época visitarán as rúas comerciais, haberá teatro e contacontos, Papanoelada moteira, campamentos ou un Escape Room.
Así, o 18 de decembro haberá visita de Papá Noel aos centros sociais de Culleredo. En Almeiras poderemos atopalo de 18:30 a 20:30 horas; en Ledoño de 18:00 a 20:00 horas; en Castro Laxe de 18:00 a 20:00 horas; en Sésamo de 17:30 a 20:30 horas e no de Castelo de 18:00 a 20:00 horas. O Apalpador visitará Fonteculler e Orro de 18:00 a 20:00 horas.
As Carpas de Nadal, programadas para os días 3 e 4 de xaneiro, así como as visitas do carteiro real aos centros sociais, marcadas para o martes, 4 de xaneiro, foron finalmente canceladas para previr novos contaxios.
Ante a actual situación sanitaria, a Cabalgata de Reis será reordeada para adaptarse á situación sanitaria actual. Co obxectivo de evitar as aglomeracións optarasese por dobrar o dispositivo de seguridade, aumentar os percorridos para facilitar que a cidadanía non se apiñe en determinados puntos e cancelar as recepcións reais, momento que habitualmente supoñía a concentración de moitas persoas.
Celebrarase tamén o II Concurso de Escaparatismo de Nadal, e visitando os establecementos comerciais poderás gañar vales de compra nos mesmos.
O venres 17 de decembro, ás 19:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, terá lugar a representación teatral “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro e para público adulto. “Alquimia”, do Mago Teto”, será o día 23 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio de Servizos Múltiples. Está pensada para público familiar. Por último, e para despedir o ano, “Cachopo máxico”, de Lila Teatro, ás 19:30 horas, tamén pensada para público familiar.
O 16 de decembro ás 18:00 horas celebrarase un contacontos con Dragona Ramona baixo o título “Fábrica de bicos”.
Tamén o 19 de decembro celebrarase a Papanoelada do Moto Club Culleredo, con saída ás 16:00 horas do recinto multiusos do Paseo Marítimo. O 26 de decembro celebrarase o 8º Trail Running e Andaina de Orientación Gallaecia Raid. Do 27 ao 31 de decembro o polideportivo do Ría do Burgo acollerá un campamento de patinaxe artística do Club Aura.
Este sábado, 19 de decembro, terá lugar tamén un Escape Room de Nadal dirixido a mozos de 14 a 17 anos. Entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro terá lugar “O segredo do Nadal polo mundo”, o campamento municipal con programación especial para conciliación.
Recollida solidaria de xoguetes
O Concello de Culleredo impulsa a campaña de recollida de xoguetes novos con lugares de recollida na Casa do Concello, o Centro Municipal Pablo Picasso, Edificio de Servizos Múltiples, Vila Melania, o Conservatorio, as librerías Copyburgo; Pedra, papel Tesoira; Canedo; Imprenta Vilaboa e a cafetería Il Vía.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER