O Concello de Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da rúa Cubo, traballos que deron comezo esta mañá. Coas actuacións darase resposta ás diferentes peticións transmitidas polos veciños para renovar o firme de estradas que se viron afectadas polo paso do tempo.
Neste plan contémplanse as xa tramitadas Nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar, en Sésamo, ou a de Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas. As actuacións consistirán no asfaltado das vías, limpeza de cunetas e posta a cota das tapas e rexistros. Nos casos que corresponda renovarase a sinalización horizontal das estradas.
O edil de Obras, Carlos Liñares, destaca a vontade de “executar este tipo de traballos con continuidade, non só para mellorar os firmes e as conexións entre parroquias, senón tamén para incrementar a seguridade das nosas veciñas e veciños, quen é os que nos achegan de primeira man os problemas existentes e aos queremos poñerlle solución”, sinala.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER