O Concello de Culleredo convocou o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal, no que pode participar calquera establecemento comercial do municipio. Deben permanecer instalados ata o 6 de xaneiro e iluminados ata as 22:00 horas durante esta tempada.
A decoración debe gardar relación con motivos destas datas, pero a técnica e o estilo é completamente libre. A inscrición é gratuíta e pódese realizar no apartado de rexistro de comerciantes na aplicación móbil destinada para este fin, chamada “Culleredo Nadal” e que está dispoñible tanto para Android como para iOs. É imprescindible encher o formulario e enviar fotos do escaparate, para que se mostren na propia app.
Android: https://bit.ly/3J775tu
Os premios outorgaranse en función dos votos obtidos por cada escaparate. Poderá votar toda persoa maior de idade, que viva na provincia da Coruña e que se descargue e instale a aplicación, nun proceso dispoñible ata o 6 de xaneiro. O día 7 publicaranse os escaparates gañadores.
En total, para as persoas que participen nas votacións dispoñerán da posibilidade de gañar 10 premios valorados en 50 euros para gastar nos comercios participantes na segunda edición deste concurso. Para os establecementos, serán tres os premios. O que máis votos reciba, obterá a montaxe de 3 escaparates durante o ano 2022 a cargo dun escaparatista profesional. O segundo clasificado, dúas montaxes e o terceiro, unha montaxe. Cada escaparate está valorado en 300 euros.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
bases.pdf | 904.29 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER