Culleredo reordena a Cabalgata con dobre dispositivo de seguridade, máis percorrido e sen recepcións para adaptarse á situación sanitaria

 
O Concello de Culleredo reorganiza a súa Cabalgata de Reis para adaptarse á situación sanitaria actual. Co obxectivo de evitar as aglomeracións optouse por dobrar o dispositivo de seguridade, aumentar os percorridos para facilitar que a cidadanía non se apiñe en determinados puntos e cancelar as recepcións reais, momento que habitualmente supoñía a concentración de moitas persoas.
 
O alcalde, José Ramón Rioboo, mantivo na mañá de hoxe unha reunión urxente coa Policía Local, os técnicos municipais, así como os concelleiros das áreas afectadas, para adecuar a Cabalgata á pandemia. “Queremos os pequenos vivan con ilusión a chegada dos Reyes, pero a seguridade é o primeiro e debemos adaptarnos á realidade desta sexta onda”, subliña o rexedor.
 
A prioridade é evitar as grandes concentracións de xente e manter a distancia de seguridade entre os asistentes. En primeiro lugar, redóbrase o dispositivo de seguridade o día 5 de xaneiro. Haberá un operativo conformado por Policía Local e Protección Civil que se irá adiantando á comitiva real, promovendo que se cumpran as normativas entre o público.
 
En segundo lugar, o  Concello suprime as recepcións das súas Maxestades, en Vilaboa e O Burgo, que son os momentos que reúnen a máis persoas cada ano. No rural, substitúense as visitas aos centros sociais por un percorrido exterior, coa mesma finalidade de evitar aglomeracións.
 
E en terceiro lugar, tentarase incrementar o número de rúas polas que pasará a Cabalgata para que os veciños poidan observala de forma máis próxima e contribuír así que haxa tamén menos concentracións.
 
Finalmente, do amplo programa do Nadal configurado, o Concello decidiu cancelar as Carpas de Nadal, previstas para o 3 e 4 de xaneiro, e as visitas do Carteiro Real aos centros sociais, marcadas para o 4. Búscase fuxir de espazos pechados e previr que xurdan  contagios. 
 
O goberno local publicará o luns, 3 de xaneiro, todos os detalles do percorrido e horarios previstos para facilitar a organización á cidadanía.
 
Rioboo anima aos veciños para “cumprir en todo momento coas indicacións das forzas de seguridade e actuar conforme ás normas sanitarias” para vivir “unha Cabalgata segura”. “A todos gustaríanos poder celebrar un momento especial como este como sempre, pero hai que mentalizarse de que é imprescindible extremar as precaucións para coidarnos”, expresa.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina