Galkimia, Prita e Peluquería Carmen Carreira recibiron esta mañá os premios do II Concurso de Escaparatismo convocado polo Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal. O primeiro, Galkimia, que rexenta Isaac Cerdeira, foi votado por un total de 201 persoas; o segundo, por 177, Prita, cuxa responsable é Beatriz García e o terceiro, Peluquería Carmen Carreira, cuxa propietaria lle dá nome, por 124.
Rexistráronse un total de 979 votos por parte dos clientes, quenes participarron no sorteo de 10 premios de 50 euros para gastar nos comercios adheridos ao concurso. Fixo entrega dos mesmos o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias.
A decoración debía gardar relación con motivos destas datas, pero a técnica e o estilo era completamente libre. Para os establecementos, son tres os premios. O que máis votos recibiu, obterá a montaxe de 3 escaparates durante o ano 2022 a cargo dun escaparatista profesional. O segundo clasificado, dúas montaxes e o terceiro, unha montaxe. Cada escaparate está valorado en 300 euros.
Desde o Concello de Culleredo quérese agradecer a “implicación absoluta tanto de comerciantes como de veciñas e veciños nesta segunda edición”, un concurso que serviu para “revitalizar as compras durante o Nadal” e antes do comezo das rebaixas, época na que animan a “continuar consumindo no noso tecido comercial e hostaleiro”.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER