O Concello de Culleredo e a Demarcación de Costas supervisan o plan de accesos e seguridade con motivo do inicio das obras da dragaxe da ría do Burgo. Nunha reunión mantida na zona principal dos traballos, en La Cros, por parte do alcalde, José Ramón Rioboo, e o xefe da Demarcación, Rafael Eimil, xunto con persoal técnico, ultimaron todos os detalles.
Rioboo mostra o seu agradecemento pola excelente disposición ofrecida polos responsables estatais e da empresa para minimizar o impacto das obras na cidadanía do municipio. Búscase o mellor dos escenarios para os residentes convivan coa realización da actuación deste calado.
A realización do proxecto de enorme magnitude afectará inevitablemente a puntos do paseo marítimo en tanto duren as obras. O tramo do paseo en La Cros que se atopa máis no interior do estuario permanecerá cortado, habilitándose un itinerario alternativo máis pegado á avenida Juan Carlos I para que os usuarios do paseo o poidan seguir empregando para camiñar, correr, etc.
O parque de calistenia será trasladado uns metros en dirección cara á ponte do Burgo. E o parque infantil para os máis pequenos será movido cara á contorna do parque infantil máis grande en Juan Carlos I. Desta forma garantirase que se poidan seguir utilizando e previsiblemente esta será a súa localización definitiva.
O alcalde chamou a actuar con especial coidado co patrimonio natural. Así, sobre unha decena de árbores veranse afectados polos traballos. O Concello os trasplantará a outra zona do paseo, que en principio, se os técnicos valídano, será a contorna da pista multideporte en Fonteculler.
A dragaxe conlevará o acceso de camións cara á zona da obra. Executarase desde as pistas deportivas de Juan Carlos I. Rioboo pediu aos responsables dos traballos que “extremen as medidas de seguridade” ao tratarse unha zona concorrida.
O rexedor é consciente de que os próximos dous anos de obras desta envergadura na ría xerarán molestias aos veciños, pero móstrase “moi ilusionado” por ver cumprida unha reivindicación histórica que rexenerará un espazo ambiental e de desenvolvemento económico de referencia.
“Os veciños de Culleredo estamos contentos por empezar a ver satisfeita unha necesidade prioritaria na comarca”, expresa. Rioboo destaca que tras o proxecto incrementarase a mobilidade ao darse continuidade ao paseo por Oleiros e Cambre e aumentaranse as zonas verdes e de equipamentos na contorna do Botánico.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER