Acta da sesión do Pleno municipal con data 27 de xaneiro de 2022

Consulta aquí a acta do Pleno da corporación municipal que se celebrará este xoves, 27 de xaneiro de 2022, ás 13:30 horas en primeira convocatoria no Salón de Plenos do Concello de Culleredo. 

 

1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas en datas 28/10/2021, 25/11/2021 e 10/12/2021.

2.- Proposta sobre aprobación definitiva das tarifas de autotaxi para o ano 2022. 

3.- Dación de conta de resolución da concelleira delegada de seguridade cidadá e persoal, de data 2 de decembro de 2021, relativa á declaración de caducidade de expediente disciplinario e declaración da extinción da responsabilidade disciplinaria (expediente UPO/2018/19).

4.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas.

5.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 24/11/2021 sobre retrotracción do expediente referente ao plan especial de dotacións para centro docente na ribeira Sésamo ao obxecto do cumprimentar debidamente o trámite de información pública. 

6.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 24/11/2021 sobre aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria para a elaboración dunha lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo, nas seguintes especialidades: acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, violín, saxo e violonchelo. 

7.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 9/12/2021 sobre declaración de caducidade dos procedementos selectivos incluídos na oferta de emprego público 2017 que non foron executados.

8.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 9/12/2021 sobre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2021 e aprobación da oferta de emprego público complementaria para o ano 2021.

9.- Dación de conta de resolución ordeando a incorporación ao rexistro municipal de subvencións correspondentes ao cuarto trimestre de 2021.

10.- Dación de conta de informes de reparo de Intervención. 

11.- Dación de conta do escrito do BNG relativo á modificación dos representantes na comisión informativa de Medioambiente, Obras, Servizos, Seguridade Cidadá, Persoal, Mocidade, Voluntariado e Protección Civil. 

12.- Dación de conta da sinatura dun convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales (entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social) e o Concello de Culleredo para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións de grao e máster universitario oficial impartidas pola Escola universitaria de Traballo Social. 

13.- Mocións urxentes. 

14.- Rogos e preguntas. 

 

Lembra que poderás seguir a sesión íntegra na canle oficial de YouTube do Concello de Culleredo, na seguinte ligazón: https://bit.ly/3fYTqap

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina