O Concello de Culleredo executa a renovación do firme da vía que une os núcleos de Vinseira e Folgueira

O Concello de Culleredo continúa co seu plan de actuacións de mellora na rede viaria do rural. Así, están a executarse as intervencións de renovación do firme da estrada que conecta Folgueira con  Vinseira, e que serve ademais para dar acceso a vivendas da zona.
 
A intervención estase a desenvolver nos 1,2 quilómetros de lonxitude do vial. O Concello rehabilitará a capa de rodaxe mediante a execución dun dobre rego asfáltico en toda a súa superficie. En puntos con máis danos será demolido o pavimento e procederase ao seu rebacheo.
 
O investimento previsto na estrada será de 43.198,49 euros. Co proxecto incrementarase a seguridade viaria e as condicións de uso para os residentes, algo “prioritario” no plan de execucións do goberno local.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina