- O Auditorio de Servizos Múltiples será, unha vez máis, escenario das sesións os días 11 e 18 de febreiro, así como o 4, 11, 17 e 18 de marzo.
- Para reservar entrada, debe chamarse ao número 981 66 55 97 a mesma semana de celebración do espectáculo, xa que o aforo é limitado.
O Concello de Culleredo deu a coñecer a programación cultural para os meses de febreiro e marzo de 2022. O Auditorio de Servizos Múltiples será escenario, unha vez máis, das sesións durante os días 11 e 18 de febreiro, así como o 4, 11, 17 e 18 de marzo. Para reservar entrada, debe chamarse ao número de teléfono 981 66 55 97 a mesma semana de celebración do espectáculo, xa que o aforo é limitado.
O venres 11 de febreiro, ás 19:30 horas, será a quenda de “Ningures”, por parte da compañía Teatro Cubo, unha sesión recomendada para maiores de 6 anos. O venres 18 de febreiro, ás 18:30 horas, “Ris Rás”, para nenas e nenos de 1 a 7 anos.
Xa en marzo, o día 4 ás 19:30 horas, tomará o escenario “Rilla Rilla”, recomendado para maiores de 6 anos. O venres 11 de marzo, ás 20:30 horas, “Divas de Diván”. O xoves 17 de marzo, ás 20:30 horas, “Conexión Pengüin” e ás 20:30 horas do 18 de marzo, “Bicos con lingua”.
Sesión de teatro en Santiago de Compostela
Para o venres 25 de febreiro, está dispoñible un autobús cara o Salón Teatro da capital galega para poder asistir á representación “A Peste”. A saída será ás 18:00 horas cun custo de 6 euros. A inscrición pode realizarse do 14 ao 18 de febreiro. Para máis información, habilitouse a liña de teléfono 981 66 55 97.