Esta mañá, os operarios da empresa adxudicataria dos traballos de dragaxe da Ría do Burgo procederon ao corte parcial do Paseo Marítimo do Burgo, como consecuencia do inicio dos traballos. Facilitouse unha alternativa de circulación para minimizar as afeccións que esta situación poida ocasionar.
Tanto desde o Concello de Culleredo como por parte da empresa adxudicataria, ínstase a “prestar atención tanto á sinalización como ás indicacións do persoal”, así como “a utilizar as zonas exclusivamente habilitadas para a circulación”, a “prestar atención á maquinaria e equipos de traballo en movemento” e a respectar “os elementos de sinalización e protección”.
Así quedará, polo momento, a situación de circulación neste tramo:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER