A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) comunica que mañá, martes 8 de febreiro, executará a reparación dunha das súas conduccións principais ao ter detectada unha fuga de auga.
Está situada na parcela entre as rúas Condes de Andrade e María Cagiao. Isto implica que pode sucederse algún episodio de auga turbia na operación de corte (prevista entre as 9.00 e as 10.00 horas) e de enchido (hora sen concretar dado que se descoñece a duración exacta dos traballos).
As zonas de Fonteculler e Acea de Ama son as que poden verse máis afectadas por esta actuación.
O Concello de Culleredo informa deste aviso en canto tivo coñecemento por parte da empresa, de cara a que as persoas afectadas podan tomar medidas.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER