A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, AgaELA, fincada en Culleredo, con case 500 persoas asociadas, acaba de presentar os resultados do traballo realizado durante o 2021.
É de destacar neste documento o incremento da atención de persoas afectadas pola ELA, un 12% máis que no 2020, en total 114 persoas. O préstamo gratuíto de produtos de apoio á autonomía a 360 familias; incrementado nun 65,7% desde o 2018, o copagamento de servizos rehabilitadores a 13 beneficiarias e as innumerables accione de sensibilización sobre a enfermidade por toda a xeografía galega; son outros dos seus logros.
AgaELA describe tamén na súa memoria os servizos que presta: un servizo de orientación e seguimentos periódicos e individualizados a usuarios con ELA, coidadores e familiares; orientación para a accesibilidade no fogar, préstamo gratuíto de produtos de apoio e asesoramento sobre comunicación alternativa. Doutra banda, a entidade ofrece apoio social na tramitación de recursos como a incapacidade laboral, discapacidade, dependencia e outros recursos sociais de interese; á súa vez, realízase un copagamento para tratamentos rehabilitadores: fisioterapia manual e respiratoria, logopedia ou terapia ocupacional, entre outros.
A asociación lembra que ten en marcha unha campaña de doazón de produtos de apoio para incrementar o stock de recursos dispoñibles que prestar aos seus usuarios con ELA e a veciños e veciñas de Culleredo. Para doar pódese chamar ao teléfono 660 53 22 98 ou enviar un correo a info@agaela.es.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER