O Conservatorio de Culleredo acollerá mañá a VII Edición de “Batutas e Bastóns” coa presenza de Juanjo Mena e Luís Verde

Este encontro celebrarase no Auditorio  Gustav  Mahler ás 19:30 horas.

O  Concello de Culleredo e o Conservatorio Municipal de Música impulsan, despois do  interludio provocado pola pandemia, unha nova edición de “Batutas e Bastóns”, a orixinal iniciativa que combina a música coa palabra e que permitirá gozar aos alí presentes dos testemuños de figuras como o director de orquestra Juanjo Mena ou o xerente do CHUAC, Luís Verde.

Celebrarase mañá, mércores 16 de febreiro, no Auditorio  Gustav  Mahler do Conservatorio, e para acudir é necesario reservar no propio edificio ou chamando ao 981 66 77 98, en horario de 15:00 a 21:30 horas. A asistencia está limitada a 75 prazas.

Moderará Marcos Seoane, director do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo, unha sesión organizada baixo o título “Xa non son músico e podo dicir toda a verdade”, coa presenza tamén do alcalde do municipio, José Ramón Rioboo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina