O Concello renova a estrutura cuberta do parque da praza José Prieto da Corveira

  • Os cristais presentaban roturas en todas as seccións, polo que se renovarán, ademais dos vinilos, coa consecuente mellora estética.

O  Concello de Culleredo comezou hoxe os traballos de renovación da estrutura do parque cuberto da praza José Prieto, situado na Corveira. Os cristais presentaban roturas en todas as seccións, polo que se renovarán, ademais dos vinilos, coa consecuente mellora estética.

A nova serigrafía contará coa denominación da localización da área de xogos, “Parque municipal praza José Prieto” con motivos coloridos que se fusionarán perfectamente coa contorna. Os cristais serán dun material máis resistente para que non sexan tan castigados polas inclemencias meteorolóxicas nin por actos vandálicos.

Desde o goberno local aseguran que “as melloras nas áreas de xogos presentan unha alta demanda, e estamos a cubrir as necesidades de maneira equilibrada e respondendo as peticións das veciñas e veciños de Culleredo”, anuncian.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina