Convocatoria proceso selectivo dunha lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio profesional na especialidade de saxofón (persoal laboral temporal)
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para formar unha lista de substitución de profesor/a de música, persoal laboral temporal, na especialidade de saxofón.
A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión 25 de xaneiro de 2022 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 21 de febreiro de 2022 (núm. 35), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 22 de febreiro ata o 3 de marzo de 2022, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte ao da súa publicación do anuncio na páxina web do concello (dende o 12 ao 27 de abril de 2022) con fin de emendar o defecto que motivou a non admisión, de ser o caso.
(Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)
Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, composición del tribunal e convocatoria ao exame.
(Documento adxunto: Lista definitiva admitidos e excluídos.pdf)
Anuncio valoración final e prazo de alegacións.
(Documento adxunto: anuncio_valoracións.pdf)
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
convocatoria_e_bases_profesor_musica_saxo.pdf | 356.52 KB | |
solicitude.pdf | 364.33 KB | |
lista_provisional_admitidos_e_excluidos.pdf | 274.44 KB | |
lista_definitiva_admitidos_e_excluidos.pdf | 321.87 KB | |
anuncio_saxofon_valoracion_final.pdf | 280.77 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER