Este xoves, 24 de febreiro, o Concello de Culleredo celebrará unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día é a seguinte:
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión de data 27 de xaneiro de 2022.
2.- Proposta sobre aprobación da modificación do Plan para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) do Concello de Culleredo.
3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político BNG relativa a incoación de expediente informativo para esclarecer as circunstancias que determinaron a demora do expediente disciplinario ao funcionario público resolto en resolución 2277/2021.
4.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía e concellarías delegadas.
5.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 25/01/2022 sobre aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria para a elaboración dunha lista de substitución de profesor/a de música do Conservatorio do Concello de Culleredo na especialidade de saxofón.
6.- Dación de conta de informes de reparo de intervención.
7.- Mocións urxentes.
8.- Rogos e preguntas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER