O Concello de Culleredo persiste na súa aposta pola formación impartindo dous certificados de profesionalidade na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais", cunha duración de 478 horas cada un. As aulas deron comezo o pasado 24 de xaneiro no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, onde participan 30 persoas, a maior parte en situación de desemprego.
Este certificado cualifica para atender ás persoas dependentes no ámbito sociosanitario da institución onde se desenvolva a actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna.
Os módulos que compoñen este certificado son: apoio na organización de intervencións no ámbito institucional; intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións; intervención na atención sociosanitaria en institucións; apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións; módulo de prácticas profesionais non laborais e os módulos transversais.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER