O Concello de Culleredo pon en marcha un curso en liña sobre o comercio electrónico para as veciñas e veciños de 18 anos de idade ou máis, en situación de desemprego e inscritos/as no Servicio Público de Emprego de Galicia. Estarán dispoñibles un total de 30 prazas. Ao tratarse da modalidade en liña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo electrónico con conexión a Internet.
Os contidos serán, principalmente:
A preinscrición poderá facerse efectiva do 8 ao 11 de marzo de 2022, por rigorosa orde a través do. A listaxe de alumnado, así como o calendario e horario da actividade, poderán consultarse no enderezo web do Concello de Culleredo, e tamén no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso.
O 15 de marzo publicarase a lista de solicitudes presentadas. O 16 e 17 de marzo de 2022 será o plazo para presentar alegacións, a través da dirección formacion@culleredo.es. O día 22 de marzo publicarase a listaxe definitiva de alumnado admitido, calendario e horario do curso. Previsiblemente, o curso comezará o 30 de marzo de 2022.
As persoas participantes terán dereito a un diploma cando rematen a actividade con aproveitamento e estivesen conectados e conectadas como mínimo ao 75% das súas horas lectivas. Para máis información, poderedes contactar no teléfono 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER